RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Lóxica vitoria do Benxamín A sobre o Fabril FC Benxamín

O Benxamín A sumou unha lóxica vitoria (1-13) sobre o Fabril FC Benxamín, cuxo cadro está formado por xogadores un ano menor, co que iso supón a estas idades tanto a nivel físico como técnico. O partido corresponde á 4ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña.

Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo foron os goleadores do Benxamín A. Miguel Candal foi o autor do único tanto fabrilista.

Con este resultado, o Benxamín A lidera o subgrupo con 12 puntos de 12 posibles. O Fabril FC Benxamín é quinto con 6 puntos

Benxamín A: Roque Martínez, Brais Martínez, Hugo Macedo, Iván Gil, Nacho Villanueva, Hugo Pousa, David Gómez e Álvaro Gómez. Tamén xogaron: Roi Castro, Martín López e Hugo Luaces.

Fabril FC Benxamín: Brais Araújo, Bruno Abelenda, Pablo Sánchez, Thiago López, Alejandro Astray, Hugo Bujía, Carlos Dans e Álvaro Rodríguez. Tamén xogaron: Hugo Quintela, Mateo Carballeira, Miguel Candal e Javi Meiriño.

Este sábado 22, o Benxamín A enfróntase na Torre (18:00 horas) ao Victoria CF A, o seu inmediato perseguidor na táboa. O Fabril FC Benxamín non compite porque o seu partido ante o Imperátor OAR, previsto para o sábado 22 ás 17:00 na Torre, foi aprazado por casos de COVID no Imperátor.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 9 (Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2-) - Imperátor OAR 0
CD Calasanz 0 - Benxamín A 2 (Álvaro Gómez -2-)
Benxamín A (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF Deportivo Orzán 0
Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 13 (Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo)

Os resultados do equipo fabrilista até a data son os seguintes:

Orillamar SD 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Miguel Candal -2- e Hugo Quintela -2-)
Fabril FC Benxamín 1 (Álvaro Rodríguez) - Atlético Coruña Montañeros CF 4
Ural Español CF 2- Fabril FC Benxamín 6 (Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira)
Fabril FC Benxamín 1 (Miguel Candal) - Benxamín A 13