RCD / NOVAS

Lucas e Andone cren que este resultado "fortalece ao grupo"

30/09/2017 16:58

Lucas Pérez e Florin Andone, os dous goleadores este mediodía, compareceron na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro coruñés manifestou que no vestiario "estamos moi contentos. Despois do resultado que tivemos en Barcelona, respírase moita felicidade, moita tranquilidade. O grupo está unido. Sabiamos que o podiamos conseguir".

Na súa opinión, tal e como se desenvolveu o encontro, con remontada na segunda metade tras o primeiro gol do Getafe, o marcador "fortalece máis ao grupo".

Insiste o dianteiro coruñés que "cando gañamos, gañamos todos e cando perdemos, perdemos todos". "O Deportivo componse de todo o cadro, corpo técnico, médico, fisios, presidencia e dirección. Ninguén vai por libre. Mel non ten a culpa de todo. Aquí é culpa de todos", engade.

Pola súa banda, Florin Andone comentou que "grazas a deus tiven a sorte de atopar o camiño do gol e serviu para gañar o partido. Estou moi contento porque o necesitabamos".

O internacional romanés apunta que o resultado "nos fortalece mentalmente porque é a segunda vitoria consecutiva en casa, e iso é importante para nós".

Andone cre que "o equipo xogou moi ben. A primeira parte tivemos moitas ocasións. Guaita fixo un partidazo. Salvou moitísimas ocasións. Se non fóra por el, o resultado máis xusto tería sido un 4-1 ou 5-1. Fomos moi superiores, merecémonos a vitoria. Mira o caprichoso que é o fútbol. Ao final faise de rogar o gol, no minuto 90 case, para gañar o partido".

Máis novas de: ANDONE, LUCAS PÉREZ