RCD / NOVAS

Luisito repite convocatoria para o partido de mañá domingo ante o San Tirso

03/08/2019 16:02

O Fabril visita mañá domingo 4 de agosto ao San Tirso SD en partido correspondente aos oitavos de final da Copa Deputación.

O encontro, que arrincará ás 19:30 horas no campo de O Monte, será gratuíto para os afeccionados.

Luisito, técnico fabrilista, repite a mesma convocatoria do pasado mércores ante o Brexo Lema: Boian, Alberto, Iván Guerrero, Eimil, Pedro Barbolla, Juan Rodríguez, Prendes, Yuste, Parga, Villares, Sarmiento, Iñigo Reinoso, Kanoute, Novo, Mosquera, Aarón, Edu Taboada, Mario e Pedro.

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo de Os Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo de O Monte (San Tirso), 19:30 h, San Tirso SD - Fabril