08/06/2007 14:11 |
Aouate e Capdevila incorporáronse aos adestramentos
Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.