11/08/2005 13:05 |
Luque e Sergio, na lista de Aragonés
Albert Luque e Sergio son os dous deportivistas da lista de convocados por Luís Aragonés para o encontro amigable de España ante Uruguai do próximo mércores no Molinón.
Albert Luque pediu hoxe na sala de prensa de "O Mundo do Fútbol" o apoio dos afeccionados este domingo ante o Real Racing Club: "Pode ser unha xornada importante que nos meta na loita pola liga. Por iso quero pedir aos afeccionados que veñan ao Estadio, que nos apoien e poder sacar adiante estes dous partidos de casa".
Para o xogador catalán, o Real Madrid ocupará "seguro unha das dúas
primeiras prazas ao final da liga. A outra creo que a disputaremos a
Valencia e nós. Pero o Madrid seguro que non acaba de terceiro", vaticinou.
Así mesmo, Luque admitiu que a posición do equipo branco, líder na liga,
clasificado para oitavos de final da liga de Campións e tamén con serias
opcións de pasar de rolda na Copa do Rei, é unha posición "envidable.
Calquera equipo querería estar na súa posición. O que ocorreu por exemplo ante
o Murcia é que ás veces non se meten no partido como debesen. Pero son
capaces de sacar adiante igualmente os encontros".
Iso si, a xuízo de Luque, de mediocampo cara a adiante, o Real Madrid
conta cos mellores xogadores do mundo, "pero por persoal é moito mellor
a do Deportivo".