RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luque recoñece que cada vez está máis cómodo na zurda

Albert Luque afirmou este xoves, en rolda de prensa en Abegondo, que o Deportivo "ten que saír a gañar a todos os campos". Para o dianteiro catalán, en Vigo, o Dépor debe impedir que "o Celta se adiante no marcador, porque nos pode pasar o do ano pasad

Luque vaticina un 0-2 ante o Celta, "cun gol meu. O que queda dáme igual quen o marque. Coma se é Molina". E advirte que a diferenza de puntos que este ano hai entre Dépor e Celta "só indica que nos están saíndo un pouco mellor a nós as cousas. Pero a un partido, calquera rival é moi complicado".
Para o 2004, Luque pide un título co Deportivo. E recoñece que o que máis ilusión lle fai é a liga de Campións: "Agora temos unha eliminatoria coa Juventus e se pasamos, desfixémonos dun favorito ao título e á vez reforzariamos nosa moral. De todos os xeitos, debemos ir paso a paso". E en canto á Eurocopa de Portugal, de momento Luque non pensa no compromiso do combinado nacional: "Queda moito aínda pero son consciente de que será o meu traballo no Deportivo o que me dea o pasaporte para Portugal. E se non, pois a descansar a final de tempada", concluíu.