RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lux e Carles Gil superan as súas molestias e entran na lista para Pamplona

Poroto Lux e Carles Gil superaron as molestias físicas que arrastraban tras o partido ante o Real Madrid e entraron na lista de 19 xogadores convocados para o encontro fronte a Osasuna (domingo 30 de abril ás 12:00 no Sadar · Bein Sports), nun partido que significará matematicamente a permanencia se o Dépor consegue a vitoria.

A novidade é a presenza do central fabrilista Nacho Monsalve, que releva ao lesionado Sidnei.

No último adestramento, cos fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve, Edu e Lucas, un partido once para once a todo o campo 2 foi a tarefa principal. Uns estiramentos e ensaio de lanzamentos desde o punto de penalti puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Adestráronse á marxe Pedro Mosquera, co readaptador Fran Molano e Sidnei e Joselu, cos fisioterapeutas, posto que ambos están nunha fase de repouso deportivo.

Os xogadores convocados desprázanse esta mesma tarde a Pamplona, segundo esta folla de ruta:

Sábado 29 de abril
18:00: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Pamplona
19:10: Chegada aproximada ao Aeroporto de Pamplona e aloxamento no Hotel NH Iruña Park

Domingo 30 de abril
12:00: Osasuna - Deportivo, no Sadar
Ao acabar, comida no Hotel NH Iruña Park
17:00: Saída do voo chárter do Aeroporto de Pamplona con destino ao Aeroporto da Coruña
18:10: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Tras o encontro, o persoal está citada de novo para adestrar o luns 1 de maio ás 10:30 en Abegondo.