RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lux: "Hai que ser humildes, traballar e buscar entre todos saír desta situación"

Poroto Lux, un dos capitáns do Deportivo, compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo. "Acá xa non importan as sensacións, se merecemos, se xogamos ben. Importan os resultados no fútbol. O que temos que tratar de facer é encadear vitorias", manifestou tras a derrota de onte en Riazor ante o Alavés.

Cre que "nos seguen faltando cousas para gañar. Imos seguir buscando. Non nos rendemos. Non queremos poñer escusas e traballar, non queda outra. As sensacións son boas, temos ocasións porque xeramos situacións bastante claras para poder marcar. E non é así. Entón hai que seguir traballando, hai que ser positivos".

Nestes momentos, pide estar "xuntos, adestrar. Que a competencia sexa sa en todos os postos. Non ser egoístas, hai que ser humildes, traballar e buscar entre todos saír desta situación, que non é caótica, pero é delicada". "Hai que seguir con enerxía positiva, non baixar os brazos, seguir adestrando, que os resultados teño moita fe que van chegar", engade.

Ve a Gaizka Garitano "con enerxía, con forza, como a que temos nós. Entendendo o momento".

Aproveitou a rolda de prensa para pedir desculpas á afección despois de que algúns futbolistas retirasense onte á noite ao vestiario despois do partido sen saudar á inchada desde o centro do campo: "Cometemos un erro onte. Á xente pedirlle desculpas. Seguro que non vai volver a pasar. Como dixen recentemente, hai que estar todos xuntos, vestiario, afección, a cidade. Acá respírase fútbol. A xente sempre acompaña e acompañounos sempre. Polo menos en seis temporadas que estou aquí a xente sempre estivo e está. Nós totalmente agradecidos da nosa afección. Sen eles non seriamos nada nin ninguén".