RCD / NOVAS

Mamadou Koné, novo xogador do Dépor 2019-2020

19/07/2019 14:00

Mamadou Koné (Bingerville, Costa do Marfil, 25 de decembro de 1991) é novo xogador do Deportivo para a campaña 2019-2020. O CD Leganés cédeo ao conxunto branquiazul con opción de compra.

Koné é un dianteiro polivalente, que pode actuar en calquera das posicións da fronte de ataque, tanto en punta como en banda, que suma 19 goles en 94 encontros de Segunda División, categoría na que xogou co Racing de Santander (2012-2013 e 2014-2015), Real Oviedo (2015-2016) e Málaga (2018-2019).

O dianteiro marfileño incorporarase esta mesma tarde aos adestramentos do equipo na Cidade Deportiva de Abegondo e será presentado o vindeiro martes.

Máis novas de: MAMADOU KONÉ