RCD / NOVAS

Mañá reactívase a campaña de abonos con 2.341 socios do Dépor (e máis de 1.000 tamén do Deportivo Liceo)

07/07/2019 15:44

A primeira semana completa de renovacións e altas de socios arrincará con 2.341 (331 deles novas altas) abonados tras 4 días e medio de campaña de abonos do Dépor para a Temporada 2019-2020.

Nos primeiros días a renovación só puido ser presencial nos despachos de billetes da avenida de La Habana en horario, ata o 23 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas podendo solicitar Cita Previa na plataforma citaprevia.rcdeportivo.es.

Esta semana que comeza activarase, como nas últimas temporadas, a posibilidade de renovar online os abonos deportivistas.

Os prezos dos carnés non sofren ningún tipo de modificación con respecto aos que os 23.491 socios do Dépor 2018-2019 tiveron que abonar a pasada campaña. A novidade máis destacada é que, cada socio do Dépor, pagando tan só 5 euros máis, pode facerse socio do Deportivo Liceo e acceder a todos os partidos que o equipo de Hóckey dipute como local no Palacio dos Deportes de Riazor (excepto días do Club). Ata agora, 1.028 Deportivistas complementaron o seu abono para poder animar tamén no Palacio.

Ademais, esta temporada, se un abonado trae novos socios ao Dépor, o abono pode saírlle gratis. Por cada novo socio (nova alta) no momento da renovación, ao abonado que trae novos deportivistas descontaránselle inmediatamente 25 € por cada novo asociado sobre o prezo do seu carné, cun límite total de desconto do prezo total do abono a renovar (É imprescindible completar o proceso de alta do novo ou novos socios no momento da renovación para poder aplicar o desconto no abono da Temporada 2019/2020. Se no momento do alta do novo socio, esta é para unha das localidades non dispoñibles e por tanto non se completa o alta nese momento, conservarase o desconto até as datas de liberación de asentos. Se finalmente se formaliza o abono, o desconto dos 25 € aplicarase no abono da Temporada 2020/2021. Tipos de abono excluídos: socios amigos e NEN@Dépor). 

Mantéñense todas as bonificacións, descontos e modalidades de carné que estiveron activas durante as últimas campañas, e que ademais de ver ao Deportivo en LaLiga, permiten ver os partidos do Dépor Abanca na Liga Iberdrola, o Fabril e #anosacanteira en Abegondo e outra serie de vantaxes, como descontos nas DéporTiendas e a DéporClínica.

Para coñecer todos os detalles da campaña de abonos do Real Club Deportivo 2019-2020 pode consultarse o seguinte dossier.

Estes son os prezos dos abonos até o 13 de agosto de 2019
(a partir do día 14 de agosto subirán un 5%):