RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Manolete e Juan Ángel Barros, distinguidos co premio ao mérito deportivo de Galicia

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo que dispón as distincións ao mérito deportivo de Galicia, entre as que se atopan as que recibirán dous deportivistas, o exxogador internacional e presidente da Asociación de Veteranos do Real Club Deportivo, Manuel Ríos Quintanilla, Manolete; e o delegado do primeiro equipo no último cuarto de século, Juan Ángel Barros Botana.

Xunto a eles, estes premios concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que estean a contribuír ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma, tamén foron outorgados nesta edición 2017 a Marta Alastrué Ruiz, Francisco Araújo Sestelo -a título póstumo-, Josefina Castiñeira Villanueva, Familia Centeno, Manuel Conde Docampo, Manuel Cruces Prado, Margarita Dans Farto, Ramón Díaz Zapatería, Lourdes Domínguez Lino, Guillermo Fernández Duarte, Cristina Fernández Piñeiro, Raimundo Fernández Vázquez, José Alfonso González Alonso, Manuel González Pombo, Francisco Javier González Rodríguez, Alexander Kachelaev Terentevich, José Manuel Lázaro Turzós -a título póstumo-, Julio Antonio Mato Pazos, Primitivo Simón Busnadiego, Pablo Permuy Villanueva, María Elena Souto Carro, Ramón Tasende Díaz, Consuelo Vara Touzón, Félix Villares Mouteira, Real Club Tenis Coruña, Descensos do Eume, Miño e Sil e Trofeo Pedro Escudero.