Despois do triunfo de onte en Bembibre (León) ante o CD Parquesol (3-0), no primeiro amigable da pretemporada, o Deportivo ABANCA tómase un respiro.
Manu Sánchez, técnico deportivista, concedeu 2 días de descanso ás súas xogadoras, hoxe domingo e mañá luns 14 de setembro.
O conxunto branquiazul regresa aos adestramentos o martes 15 de setembro ás 17:30 en Abegondo.