RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Marí e Bóveda reafirman a confianza na solidez do equipo

Eneko Bóveda e Pablo Marí foron os encargados de valorar o partido de Son Moix na zona mixta do estadio mallorquinista: "seguiremos adestrando a tope para pasar esta fochanca que estamos a pasar. Teño total confianza no equipo, que confía totalmente no que está a facer e é bastante normal pasar por estas situacións e ímola a pasar sen problemas. É o natural durante a temporada, individualmente colles picos máis altos e máis baixos e como equipo tamén hai momentos que estás máis brillante. Hoxe viuse esa dificultade de atopar como facer dano, que noutros partidos facíasenos máis fácil, pero a partir de aí somos o mesmo equipo que apuntaba moi alto fai nada. Estaremos aí seguro", sentenciou inicialmente o lateral vasco.

Profundando na análise do choque cre que "foi un partido equilibrado, non me conformo, pero o partido decídeo un detalle dun xogador. Non tiven a sensación de estar sometido máis de 15 ou 20 minutos. É verdade que no último terzo do campo tivemos dificultades e trataremos de arranxalo", aínda que "non podemos negar que é a peor serie do ano pero este é un momento para ser aínda máis humilde e equilibrado. Que non nos afecte o nerviosismo que se poida xerar fóra e a partir de aí temos suficiente experiencia e categoría para pór ao equipo onde cremos que imos estar", afirmou.

Recoñece Bóveda que o obxectivo final da temporada non é sinxelo: "o que buscamos ten unha dificultade e hai que asumir que é así. Non nos imos a pasear e eu son o primeiro que me gustaría pegar unha puñada na mesa cada fin de semana pero está a verse que non. Iso tennos que servir para ser humildes e fixarnos nos detalles e que nestes partidos que son "nin pa ti nin pa min" o detalle caia para o teu lado", aínda que quixo pechar as súas palabras con optimismo pero con realismo: "estou totalmente seguro de que imos estar ben pero tamén estou totalmente seguro de que non nos imos a pasear. Nese equilibro, a base de pequenos detalles, ser sólidos e facernos fortes como grupo iremos polo bo camiño pero a por o mesmo obxectivo van 10-12 equipos".

Sobre a situación mental do equipo neste momento e a súa capacidade de resposta, Eneko Bóveda foi moi contundente: "paréceme un grupo do copón e estes son os momentos. Sabemos que agora iremos a Riazor e non nesa onda tan favorable pero isto é fútbol e a categoría do equipo non se demostra nunha semana, demóstrase durante todo o ano sendo equilibrados. Agora temos un partidazo así que máxima ambición. Os que confíen neste equipo non se van a equivocar".

Pola súa banda Pablo Marí cre que "temos que darlle normalidade á situación, durante o ano hai momentos non tan bos comparados co principio no que todo era bonito, todo ía ben. A actitude durante o partido está a ser boa, tentámolo até o final pero fáltanos acabar de controlar algúns detalles que ao final marcan un partido. Poderanche saír mellor ou peor as cousas pero ao equipo actitude non lle falta".

Esta convencido de que "son momentos da temporada. A estructuración do equipo é boa, temos boa saída de balón, no medio campo estamos ben pero cústanos nos metros finais porque eles montan dúas liñas de catro e é complicado. A principio de ano tiñamos máis fluidez, pero o equipo segue tendo claro que é o que hai que facer. Somos un equipo con confianza plena no que facemos e en cada futbolista. Isto son dinámicas, entre todos apoiándonos e unidos, tentaremos cambialo canto antes".