RCD / NOVAS

María Méndez supera a Islandia con España, que acaba así primeira do Minitorneo de clasificación para o Europeo sub-19

08/10/2019 22:30

- Foto: sefutbol.com -

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez estivo concentrada en Reikiavik (Islandia) coa selección española sub-19 no Minitorneo de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Con dous 2 triunfos nas 2 primeiras xornadas, o último partido deste torneo para España e María Méndez foi hoxe martes 8 ante as anfitrioas, as islandesas.

Venceu España (0-3), coa defensora deportivista sobre o céspede todo o partido.

Con este resultado, as hispanas acaban este Minitorneo de clasificación para o Campionato de Europa na primeira praza.

Kazajistán foi o mércores 2 de outubro o primeiro rival das españolas. María Méndez foi titular e xogou completo un partido no que o resultado a favor das hispanas dio todo: 14-0.

A segunda cita para España foi o pasado sábado 5 de outubro ante Grecia. Neste caso, a futbolista branquiazul seguiu desde o banco un choque que acabou con claro triunfo hispano: 5-0.

Os resultados da selección foron os seguintes:

Mércores 2 de outubro
ESPAÑA 14 - KAZAJISTÁN 0

Sábado 5 de outubro
ESPAÑA 5 - GRECIA 0

Martes 8 de outubro
ISLANDIA 0 - ESPAÑA 3

Finalizada esta competición, María Méndez ten previsto chegar hoxe mércores á Coruña e mañá xoves adestrarse co Deportivo ABANCA, que prepara desde o luns a visita do Rayo Vallecano a Abegondo, este sábado 12 de outubro (18:00 horas), na 5ª xornada da Primera Iberdrola.