RCD / NOVAS

Marrocos, con Fayçal no once inicial, cae ante Exipto en cuartos de final da Copa de África

29/01/2017 23:35

Exipto derrotou a Marrocos (1-0) nos cuartos de final da Copa de África Gabón 2017 cun gol no minuto 88. O encontro, que ata entón tivo clara cor marroquí, disputouse no Stade de Port-Gentil, na cidade gabonesa de Port-Gentil.

O deportivista Fayçal Fajr xogou os noventa minutos, tal e como veu sucedendo regularmente nesta competicion. Na Primeira Fase, foi titular tamén o atacante branquiazul ante Togo e Costa de Marfil; e disputou os últimos 17 minutos no primeiro partido ante Congo.

Os resultados de Marrocos nesta Copa de África foron os seguintes:

Luns 16 de xaneiro
CONGO 1 - MARROCOS 0

Venres 20 de xaneiro
MARROCOS 3 - TOGO 1

Martes 24 de xaneiro
MARROCOS 1 - COSTA DE MARFIL 0

Domingo 29 de xaneiro
Cuartos de final
EXIPTO 1 - MARROCOS 0

Máis novas de: FAYÇAL