Marrocos gaña tamén o segundo partido da Copa de África
Marrocos, a selección do deportivista Naybet, impúxose hoxe por 4 a 0 a Benin no partido disputado na localidade tunisiana de Sfax. No primeiro choque, disputado o pasado martes, Marrocos derrotou a Nixeria por un tanto a cero.
Os goles desta tarde foron de Marouane Chammakh, Youssef Mokhtari, Abdeslam Ouaddou e Talal O Karkouri. Marrocos lidera o grupo D con 6 puntos, seguida de Nixeria e Sudáfrica, con 3. Pecha o grupo Benin, que non puntuou.