RCD / NOVAS

Martí quere un Dépor "protagonista co balón porque este equipo está deseñado para telo"

12/04/2019 13:32

José Luis Martí manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que para gañar mañá sábado 13 de abril en El Sadar ante o CA Osasuna (18:00 horas, Movistar Partidazo) "hai que facelo todo ben sempre. Xogamos ante un rival moi importante. Debemos facer as cousas que tentamos traballar, e sobre todo facelas ben unidos, ben xuntos, non permitir espazos".

O técnico deportivista quere un Dépor "protagonista co balón porque este equipo está deseñado para telo. Haberá momentos que non o teñamos. Cando non o teñamos, tentar recuperalo canto antes".

Insiste en que busca un equipo "moi ordenado, moi equilibrado e cunha mentalidade moi clara, moi valente, moi ambiciosa de ir a por o partido".

Espera un Osasuna "moi intenso, moi agresivo, cun fútbol bastante vertical, con xogadores moi rápidos, con desequilibrio. Un equipo cun estado de forma e de confianza enorme, moi difícil de bater".

Para frealos, "imos ser pausados co balón, ter paciencia, ser capaces de manexar o encontro, levar o ritmo onde nos interese pero cunha mentalidade moi clara de buscar a portería contraria", indica Martí.

O adestrador branquiazul recalcou que "temos potencial para conseguir o obxectivo. E imos loitar por ese obxectivo. Oxalá que na última xornada de liga sexa así e se non a través doutro mecanismo".

Atopou fisicamente "ben ao equipo. Moi ben. É un equipo que está preparado". Por conseguinte, cre que os xogadores "necesitan sentirse outra vez cómodos, con confianza, protagonistas, importantes. E iso é o que imos tentar trasladarlles".

Máis novas de: MARTÍ