11/04/2018 20:18 |
RCD / NOVAS
Mauro: O Barça non é Ronaldinho e dez máis
Mauro Silva compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O brasileiro cre que o Barcelona "non é só Ronaldinho e dez máis. En ningún equipo do mundo pasa iso. O que ocorre é que é un gran xogador, pero ten detrás un bo traballo de todos". Mauro define ao fútbol como un estado de ánimo, "e por iso o Barça está nun bo momento". Un dos capitáns deportivistas lembra que o equipo catalán tivo que xogar Copa da UEFA o pasado xoves, 24 horas despois do Deportivo, e ademais realizou unha viaxe longa ata Dinamarca. "Podería pasarlles factura ao longo do partido", estima Mauro Silva.
Así mesmo, Luque, tamén na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol',
asegura que o partido é especial, debido ao seu pasado blaugrana: "Formeime como
futbolista neste equipo e por iso é especial". O dianteiro deportivista, que
se mostra feliz na Coruña, indicou que se nalgún momento ten que deixar o
Dépor, faríao para xogar só no Barcelona. "O presidente Lendoiro apostou
moi forte por min e eu non podo defraudarlle", indicou.