RCD / NOVAS

Mauro Silva opina que non se pode achacar ao equipo falta de oficio

Mauro Silva compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. Cre que o gol do empate sevillista, recibido o pasado domingo no desconto do partido ante o Sevilla, non se lle pode achacar á falta de oficio do persoal: "Neste últimos cinco anos non podemos desprezar a traxectoria do equipo, que obtivo vitorias moi importantes tanto a nivel español como a nivel europeo, na liga de Campións. Opino que en absoluto houbo falta de oficio".

13/12/2004 19:01

Mauro si estima que "puidemos obstaculizar algo máis ese remate, con algún empuxón leve ou algunha falta que é moi difícil que o árbitro designe como penalti". En calquera caso, "agora o que nos queda é agachar a cabeza e tratar de obter de aquí ao parón os máximos puntos posibles para irnos algo máis contentos a casa a pasar o Nadal".

Máis novas de: MAURO SILVA