RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mauro Silva:<br>"Temos opcións de superar a eliminatoria"

Mauro Silva charlaba cos xornalistas tras o adestramento sobre o seu estado físico para o partido e sobre o que espera do mesmo: superar a eliminatoria.

"Teño un golpe que me contracturó o xemelgo durante o partido do Manchster, adestrei durante a semana con molestias e non pode disputar con garantías o partido do Mallorca. A molestia non é grande o que nos precupa é a contractura porque podería levar unha rotura. Adestrarei mañá e veremos como estou pero son optimista, creo que nas próximas 48 horas previas ao partido poderei recuperarme con garantías."

"O partido será moi difícil e debemos ir alí a por todas, coa mentalidade de xogar e loitar para superar a eliminatoria. Esperamos gañar o partido e se con iso conseguimos remontar a eliminatoria será fantástico. Temos 90 minutos e aínda que será difícil non será imposible, xa demostramos que podemos gañar en Old Trafford e que o Deportivo sempre responde os encontros transcendentes."

"Tamén para a final de Copa as estatísticas apuntaban que non tiñamos nada que facer pero demostramos que podemos afrontar calquera reto. Que teñan xa preparadas as entradas para semifinais paréceme que é un eceso de confianza cando queda un partido por diante. Xa vimos un caso en que tiñan toda unha festa por diante e finalmente non puido ser."