RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mel: "Na segunda parte o equipo meteulle unha marcha máis"

Pepe Mel, técnico do RC Deportivo, afirmou que o seu equipo tivo " a sorte" de adiantarse nada máis comezar a segunda parte e que a partir de aí "meteulle unha marcha máis", polo que é "xusto vencedor".

"Cambiamos de díxito, pasamos ao tres, era unha obsesión para nós. É gañar un partido coa portería a cero. É facer dous goles. É un pouco de confianza a futbolistas que a necesitaban", enumerou cando foi preguntado sobre que supón a vitoria lograda fronte ao Málaga CF.

"Tivemos a sorte de que ao pouco de comezar a segunda parte fixemos gol. Velo todo un pouco mellor, ves que es capaz, que che podes impor ao rival que tes enfronte. O equipo na segunda parte meteulle unha marcha máis e creo que foi xusto vencedor", analizou o prepadador branquiazul.

Cuestionado sobre as baixas por acumulación de amoestacións de Arribas, Carles Gil e Guilherme para a próxima xornada debido aos cartóns recibidos ante o Málaga, Mel foi sincero. "Se caen tres e temos tres puntos, non me importa. O importante é que meteron perna, competiron", respondeu.

Sobre o xogo realizado polo equipo, o adestrador afirmou que "o Deportivo que eu soño non veu por Coruña nin o espero aínda".

Pola súa banda, o adestrador do Málaga CF, José Miguel González 'Míchel', viu ao seu equipo con "falta de paixón" ante un Dépor que "xogou as súas cartas" e que agora está "nunha situación de máis tranquilidade".

"O equipo tivo falta de paixón, e iso que estamos en Semana Santa. Xogamos de calquera xeito, iso non o podo admitir. O Dépor xogou as súas cartas, a non equivocarse e equivocarnos nós. Equivocámonos e a partir de aí foi moi costa arriba para nós", afirmou.