RCD / NOVAS

Michele Somma, operado en Roma do menisco e ligamento cruzado do seu xeonllo dereito

20/02/2020 12:40

Michele Somma foi operado onte en Roma polo doutor Pier Paolo Mariani do seu xeonllo dereito.

Na citada intervención cirúrxica procedeuse á reparación do menisco e do ligamento cruzado roto.

Somma atópase hospitalizado e recibirá o alta nos próximos días. O futbolista branquiazul estará unhas semanas no seu domicilio da capital italiana para, posteriormente, regresar á Coruña e iniciar o seu proceso de recuperación.

Á vista do informe médico, a Dirección Deportiva valorará nos próximos días solicitar autorización á Liga de Fútbol Profesional para incorporar a un novo futbolista que ocupe a praza de Michele Somma.

Máis novas de: MICHELE SOMMA