RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miguel Llorente, novo adestrador do Deportivo ABANCA

Miguel Llorente Deniz (Madrid, 10 de agosto de 1982) é o novo adestrador do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

O técnico madrileño conta cunha dilatada traxectoria nas categorías inferiores do FC Barcelona, onde chegou despois de case unha década traballando na canteira da CE Europa barcelonés (2002-2004 e 2008-2015).

Após traballar como adestrador na FCB Escola durante dúas temporadas, incorporouse ao FC Barcelona B feminino como segundo adestrador, ocupando ese cargo durante tres temporadas, de 2017 a 2020. O último curso converteuse en máximo responsable do filial azulgrana, co que alcanzou a cuarta posición na pasada edición do Grupo Norte de Reto Iberdrola.

A segunda adestradora do Dépor ABANCA será Ana González Rivera (Redondela, Pontevedra, 8 de xaneiro de 1995), que ademais de ser gardameta do Deportivo ABANCA durante tres temporadas (2016-2019, 17 partidos oficiais co primeiro equipo), foi a porteira branquiazul no primeiro encontro oficial da historia do equipo, o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF en Ponte dos Brozos (Arteixo). Como adestradora, dirixiu ao primeiro equipo do Orzán SD as dúas últimas campañas en Primeira División Galega.

No corpo técnico continuan Aitor Prieto (coordinador fútbol formativo feminino e analista), Miguel García Esmorís (adestrador asistente), Carlos Domínguez (preparador físico) e Fran Martínez Nión (adestrador de porteiras), que completan o staff do Dépor ABANCA 2021-2022.