RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mollejo: "Agora é cando máis xuntos hai que estar, traballar, crer os uns nos outros"

Víctor Mollejo atendeu aos medios de comunicación esta mañá en Abegondo, nada máis recoller o premio ao Xogador Estrella Galicia correspondente aos meses de agosto e setembro.

Mostrouse "contento por este premio, pero hai que seguir mellorando. Podo dar máis. Quero dar as grazas aos medios de comunicación e á afección, que son os que o elixen. Desde que cheguei aquí sentinme moi a gusto polo trato coa afección e de todo o mundo. Así que darlle as grazas".

Recoñece que o equipo está "nunha situación difícil pero agora é cando máis xuntos hai que estar, traballar, crer uns nos outros. É un momento complicado pero onde vemos os futbolistas e as persoas. Toca traballar e seguro que con ilusión e esforzo imos saír desta".

O atacante deportivista contou que seguiu en Belgrado, onde estaba concentrado coa selección española sub-19, desde o móbil o partido do Dépor no Estadio Gran Canaria: "Non foi un partido bo do equipo. Pero é auga pasada. Toca ver os erros que se cometeron e pensar no seguinte. E ser positivos".

Cre que o equipo "ten que vir arriba e ser positivo. Veño da selección de gañar e veño con outra mentalidade. A ver se a xente que vimos de fóra, Montero e eu, que vimos cun cambio de chip podemos transmitir un pouco máis de alegría e cambiar esa mentalidade que é un pouco negativa".

No seu regreso á Cidade Deportiva viu caras "normais, de concentración, de seriedade no traballo. Tristeza supoño que houbo no partido pero é auga pasada".

Mollejo asegura que no vestiario "o liderado témolo. Hai xente veterana, xente nova que tamén temos ganas de que a situación mellore. A falta de liderado non é un problema".

Sobre os obxectivos do equipo, insiste en que o Dépor "ten que pensar no Málaga" ao que se enfronta este domingo 20 de outubro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos). "Se conseguimos os 3 puntos no do Racing, e así consecutivamente. Non é real pensar máis aló. Témonos que centrar no partido do Málaga, que é crucial", engade.

A nivel individual, o futbolista branquiazul é autocrítico: "Coñézome e podo dar máis. Por aí van os tiros. Podo mellorar en todos os aspectos, individualmente e no equipo".

Precisamente subliña que "no persoal vénme moi ben todo este tipo de experiencias. Isto fainos fortes a todos. Os equipos fórxanse en situacións difíciles. E un Club grande como o Dépor sabemos que temos bos futbolistas e vainos a vir moi ben para facernos moi fortes como grupo e tirar para arriba".

Conclúe que un club como o Dépor "non se merece estar aí abaixo. Se non é o mellor Club de Segunda, é un dos mellores".