RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mollejo pide "agora ter personalidade" e Bóveda está seguro de que o equipo "vai arrancar"

Víctor Mollejo, goleador esta noite, e Eneko Bóveda atenderon por esta orde aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O atacante deportivista pide ser autocríticos: "A primeira parte tivemos momentos bos, momentos malos. Fomos moi intermitentes. Temos que ser moito máis regulares, incrementar máis eses momentos bos que temos durante os partidos. Hai que facer autocrítica como todos os días".

Advirte que "o futbolista ten que ter personalidade. Isto ímonolo a atopar durante toda a nosa carreira. Non todo é bonito. Agora é cando se ten que demostrar os futbolistas que teñen personalidade e aquí no equipo hai moitos".

Mollejo opina que o equipo "ten claras as ideas. Cústanos coller confianza co balón ao principio do partido. Iso inflúe moito no resultado e no ambiente do estadio. Cando collemos confianza co balón, o equipo demostra que ten cousas. É un bo cadro. O que temos que facer é que non nos inflúa o exterior de nada e facer o que nós sabemos, como nós fixemos".

Pola súa banda, Eneko Bóveda apunta que "non fixemos o que queriamos facer nin conseguimos a vitoria que desexabamos. Esquecer esta noite non. Ao contrario, tentar aprender de hoxe, de onte, de todos os días. Ter intacta a esperanza para seguir crecendo".

Opina que "fixemos moitas cousas mal e non tantas ben. Aínda que agora sexa un pouco repetitivo e sexa difícil crernos, eu creo neste equipo. Coñezo aos xogadores que hai, véxoos todos os días non deste ano, senón doutros anos. Vai arrancar, seguro que vai arrancar".

Tamén confía en Anquela: "Un chega onde chega polos seus méritos. A ninguén lle regalan nada. Se é verdade que unha vez que estás no sitio, hai que volver demostralo. E iso quen primeiro o ten que aplicar son eu. Pensar pouco no de á beira e se se nos pasa un pensamento negativo, quitalo rapidamente".