RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mollejo seguiu desde o banco o triunfo de España sub-19 ante Lituania hoxe en Belgrado

Víctor Mollejo disputa coa selección española sub-19 o Mini Torneo de Clasificación de Belgrado (Serbia), para buscar o pase á Rolda Elite.

O primeiro rival dos españois foi hoxe Lituania, no FK Rad Stadium de Belgrado, á que derrotaron (2-0). Mollejo seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

A próxima cita da selección española será o venres 11 ante Romanía, ás 14:00 tamén no FK Rad Stadium de Belgrado.

O calendario dos partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 8 de outubro
ESPAÑA 2 - LITUANIA 0

Venres 11 de outubro
14:00: ESPAÑA - ROMANÍA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Luns 14 de outubro
14:00: SERBIA - ESPAÑA, no Center de FA Serbia, en Stara Pazova

Por conseguinte, Mollejo causará baixa para a visita do Dépor ao Estadio Gran Canaria do domingo 13 de outubro (21:00 hora peninsular, #Vamos); do mesmo xeito que o resto de internacionais branquiazuis citados neste mes de outubro: Gaku, Montero e Lampropoulos.

Mongolia e Tadxiquistán, rivais de Xapón e Gaku

Gaku Shibasaki enfróntase a Mongolia e Tadxiquistán en partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia de China 2023.

O primeiro destes encontros, ante Mongolia, será no Saitama Stadium en Xapón este xoves 10 de outubro (19:35 hora local, 12:35 en España).

E o martes 15, a selección nipoa visita a Tadxiquistán no Estadio da República Central da capital Dusambé (17:15 hora local, 14:15 en España).

Montero xoga este xoves coa selección española sub-21

A selección española sub-21 convocou ao deportivista Javi Montero para dous partidos.

Serán este xoves 10 de outubro en Córdoba ante Alemaña de carácter amigable (19:45 horas); e o martes 15 en Podgorica (Montenegro) fronte a Montenegro (19:45), clasificatorio este para o Campionato de Europa da categoría.

Lampropoulos, con Grecia, mídese a Italia o sábado en Roma

E finalmente, Vasileios Lampropoulos foi convocado por Johnny van't Schip para os dous próximos partidos da selección grega.

Os encontros, clasificatorios para a Euro 2020, dentro do grupo J, serán o sábado 12 de outubro fronte a Italia en Roma e o día 15 ante Bosnia Herzegovina en Atenas.