RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid: "Vexo ao equipo de 10, moi ben e con moitas ganas de empezar a liga"

Mujaid Sadick pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das frases do defensa canteirán, que xa se adestra con normalidade co grupo.

Estado físico de cara ao domingo
"Veño dunha lesión, de 3 semanas apartado; pero xa estou recuperado e se o míster quere dispoñer de min, estou listo".

Anticorpos de COVID-19
"Un día cando estaba en Londres, en casa da miña familia, tiven febre, 38 de febre. Ao día seguinte xa me recuperei. Ao chegar aquí fixéronme as probas e dixéronme que pasara a enfermidade. Tampouco hai que darlle moitas máis voltas".

Conversacións entre o Club e o axente sobre o seu contrato
"Na corentena si que estivemos falando pero é algo que agora mesmo non está na miña cabeza. Teño 2 anos máis de contrato, aquí estou feliz. Estou máis pendente agora de xogar os 11 partidos que quedan e tentar axudar ao equipo; e salvarnos, que é o obxectivo".

Cinco cambios por partido
"Vimos de estar parados 2 meses e creo que vai haber moitas lesións. Vexo positivo o dos 5 cambios".

Importancia do primeiro partido
"O primeiro partido (ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR, domingo 14 de xuño, 17:00 horas, Gol) é moi importante, vital. Empezar con 3 puntos, gañando ao Sporting, daríanos ás. Empezar gañando é moi bo. Cando veu Fernando Vázquez, co primeiro partido que lle gañamos ao Numancia empezamos a coller confianza e gañamos todos os partidos".

Estado do equipo do 0 ao 10
"Vexo ao equipo de 10, moi ben e con moitas ganas de empezar a liga. Nos adestramentos hai moita competitividade. Todos estamos con moitas ganas".

Partidos con público
"O público para nós é vital. Non somos o único equipo que imos xogar sen público aínda que máis tarde véxoo. A afección é o corazón da cidade".

Duelo ante o Sporting nun ABANCA-RIAZOR sen público
"Será algo raro, ao que non estamos afeitos. Imos ir a polos 3 puntos e a gañar. Todos imos xogar sen público. Estamos todos nas mesmas condicións".

"A afección é vital para nós pero nós imos ir a por todas. Confiamos moito en nós mesmos".

¿Poucos goles nos primeiros partidos?
"O primeiro partido vai ser un pouco raro. Ao estar 2 meses parados, é normal. Xa se verá se son os partidos con poucos goles. Nós imos tentar meter moitos goles e que non nos metan".