Nahuel entra a lista de convocados, do mesmo xeito que Krohn-Dehli e o canteirán Montiel
Ao finalizar o adestramento desta mañá en ABANCA-RIAZOR, Nahuel entrou na lista de 19 convocados para o partido desta tarde (20:30 horas, LaLiga 1|2|3 TV) ante o CD Tenerife, correspondente á 24ª xornada en LaLiga 1|2|3.
Tamén forman parte da convocatoria Michael Krohn-Dehli, que recibiu hoxe mesmo a alta médica; e o fabrilista Montiel, que xa se adestrou onte venres co primeiro equipo.
Quedan fóra por lesión Saúl, Pedro Sánchez e Carlos Fernández; do mesmo xeito que Vicente Gómez, sancionado.
Esta mañá, Natxo González dispuxo dun quecemento e un breve repaso de movementos tácticos. Todo iso por espazo de apenas 35 minutos.
Os convocados concéntranse este mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.