RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nájera e Mella, dous novos xuvenís no adestramento do Dépor, que traballará en dous grupos mañá sábado

Na sesión vespertina de hoxe venres, a única do día, adestráronse á marxe Pablo Brea, Valín e Jaime, este debido a unhas molestias nos isquiotibiais. Pola súa banda, Alberto Benito permanece na súa casa con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Rolan, Uche e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF.

As outras dúas novidades no adestramento de hoxe foron os xuvenís Nájera e Mella, tamén campións de España o pasado mes de xuño en Marbella.

Yeremay, Noel, Guille Bueno, Trilli, Brais Suárez, Iván Guerrero, Alberto e Juan Rodríguez completaron a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Esta tarde, após un quecemento, o cadro disputou un partido e concluíu con ensaio de accións a balón parado.

Mañá sábado 24 de xullo o Deportivo adestrarase en Abegondo en dous grupos: 10:00 e 11:30 horas.