RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González cre que a clave estivo en "non ser eficaz na área contraria"

Natxo González lamentouse na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR de "non ser decisivo, eficaz na área contraria. Co 1-0, cando non pechas os partidos, pode pasar calquera cousa".

Ademais, opina que hoxe "fomos demasiado pacientes. Era un partido de, se non te puñas por diante rápido no marcador, insistir, tentar dar velocidade ao xogo. Ademais había unha temperatura, un clima que co paso dos minutos podíache ir afectando".

Nesta liña, explica que "levamos o balón á dereita, aí demos moitísimos toques. Ao final non profundamos, non centramos, perdémola. Ao final, o obxectivo de ter o balón é atopar espazos para poder centrar, para poder finalizar xogadas".

O técnico deportivista subliñou que viu "moi ben" ao fabrilista Montiel, debutante esta tarde co primeiro equipo: "Moi bos minutos. Deunos continuidade, desborde. É un xogador que sempre xera a sensación de que algo pode ocorrer. Satisfeito".

Aclarou ademais que Fede Cartabia, substituído na segunda metade, atópase "ben a nivel físico".

Pola súa banda, Enrique Martín, técnico do Nàstic, indicou que "o Dépor tivo as súas ocasións. E nós quedámonos con esa última de Pipa que se lle ha ir e que nos deu os 3 puntos".

Cualifica de "importante" o punto "porque é o primeiro partido que xoga tanta xente nova. Vin moitas cousas boas que me convidan ao optimismo".