RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González escolle a 18 futbolistas para viaxar esta tarde a Córdoba

Ao finalizar o adestramento desta mañá en Abegondo, Natxo González elixiu a 18 futbolistas para medirse mañá sábado 20 de outubro ao Córdoba CF no Nuevo Arcángel (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 10ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Caen da convocatoria de maneira obrigatoria os lesionados Fede Cartabia e Dubarbier.

No adestramento desta mañá, primeiro da semana con Didier Moreno tralo seu paso pola selección de Colombia, os técnicos dispuxeron dun quecemento, un exercicio de finalizacións, un traballo táctico de automatismos de ataque no campo 2 e, para concluír, ensaio de accións de estratexia, un aspecto que aumenta proporcionalmente a súa importancia nos adestramentos a medida que se achega cada partido.

Mañá sábado, os citados realizarán unha última sesión de activación na Cidade Deportiva do Córdoba CF.

Os convocados viaxan esta mesma tarde á cidade andaluza, vía Sevilla, segundo esta folla de ruta:

Venres 19 de outubro
15:05: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
16:30: Chegada aproximada a Sevilla e traslado en autocar a Córdoba
18:45: Chegada a Córdoba e aloxamento en hotel Tryp Córdoba

Sábado 20 de outubro
11:00: Adestramento na Cidade Deportiva do Córdoba CF
20:00: Córdoba CF - Deportivo, no Nuevo Arcángel

Domingo 21 de outubro
10:00: Adestramento na Cidade Deportiva do Córdoba CF
16:15: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña
17:40: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña