RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González: "Tiñamos que dar un paso adiante fóra de ABANCA-RIAZOR"

Natxo González manifestou na sala de prensa do Estadio de El Molinón-Enrique Castro 'Quini' que está "satisfeito por todos" após esta vitoria ante o Sporting.

O técnico deportivista subliñou que "hoxe era o día. Sentiamos que era o día. Tiñamos que dar un paso adiante fóra de ABANCA-RIAZOR. Os resultados como local estaban a xerarnos quizais demasiado confort. O que nos pediamos era que se individualmente damos un 8 en ABANCA-RIAZOR, teño que dar un 8 en El Molinón. Non pode ser que deas un 8 en ABANCA-RIAZOR e un 4 fóra, tendo en conta as dificultades que leva xogar como visitante".

"Sentiamos que era o día para poder gañar fóra. Ese sentimento en moitos momentos é importante en calquera duelo, na definición, en diferentes conceptos do xogo", insiste.

Preguntado por Christian Santos, autor do segundo tanto do partido e ao cabo definitivo, Natxo González explica que "se gañou día a día a posibilidade de xogar e así o decidín hoxe. Alégrome moito por el, pola capacidade que tivo para cambiar a súa situación e para ofrecernos o que nos ofrece nestes momentos".

De Álex Bergantiños, capitán do Dépor e recibido con agarimo pola afección sportinguista tralo seu paso por Xixón a temporada pasada, indicou que "hoxe era o día de Bergantiños por volver. Paréceme que era hoxe o aniversario da súa filla. Se alguén merece todo isto é Álex Bergantiños. Alégrome moito por el porque foi un día especial porque é querido por onde pasa".