RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo márchase "moi satisfeito co traballo do equipo"

Natxo González manifestou na abarrotado sala de prensa do Cerro do Espino que se marcha de regreso "moi satisfeito co traballo do equipo. De cara ao futuro, voume máis tranquilo á Coruña despois deste partido como visitante".

O técnico deportivista recalca que "foi un partido bonito. Estivemos ben, competimos ben. Nalgúns momentos estivemos ben con balón, noutros nos vimos obrigados a protexernos. Fixemos moitas cousas ben para conseguir algún gol. En liñas xerais gustoume moito o equipo".

Iso si, admite que "o obxectivo é gañar sempre e non o fixemos. Logo están as formas de conseguir as cousas".