Naybet, convocado por Marrocos<br>Duscher, por Arxentina
O deportivista Nourredine Naybet foi seleccionado pola súa Federación para os partidos que Marrocos disputará ante Serra Leona e Gabón. O primeiro dos partidos dispútase o 8 de xuño e o segundo o día 22 do mesmo mes.
Tamén Duscher foi chamado pola súa selección nacional para os encontros que Arxentina disputará o próximo día 8 en Xapón e o 11 en Corea. O xogador unirase ao combinado albiceleste tras o partido co Atlético de Madrid do próximo domingo.