RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noel sorprende aos participantes no Dépor Campus Cabreiroá de Silleda

Noel López de la Fuente, campión de España Xuvenil co Dépor e formado na canteira Deportivista de Abegondo, aproveitou un dos seus últimos días de vacacións para dar unha gran sorpresa ás nenas e nenos participantes na sede de Silleda dos DéporCampus Cabreiroá.

Natural da localidade pontevedresa, non dubidou en vestirse o equipamento co que se converteu nun dos xogadores máis destacados da fase final e xogar cos participantes no Campus. Unha experiencia diferente para os futbolistas que están a gozar desta actividade da Fundación RC Deportivo.

Durante esta semana continúan abertas as inscricións para os DéporCampus Cabreiroá 2021 de Cuntis, Zas e Abegondo (cuarta quenda), que se pecharán este xoves 15 ás 12:00.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.