RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noelia Villegas, terceira novidade do Dépor ABANCA 2019-2020

Noelia Villegas Rico (San Fernando, Cádiz, 7 de xaneiro de 1996) é a terceira incorporación do Deportivo ABANCA de cara ao seu debut na máxima categoría do fútbol nacional, a Liga Iberdrola, na próxima temporada 2019-2020.

Noelia Villegas, que xoga como central ou como lateral esquerdo, chega procedente do Madrid CFF, co que participou na Liga Iberdrola no curso recentemente finalizado.

Con anterioridade, a defensa gaditana debutou na máxima categoría nas filas do Fundación Albacete Balompié, na campaña 2017-2018. Desde 2012 formaba parte do Atlético de Madrid, en cuxo equipo B xogou durante catro temporadas, entre a 2013-2014 e a 2016-2017. Ao conxunto branquivermello chegou procedente do Club Deportivo Águila da súa localidade natal.

Elixida no Once de Oro Fútbol Draft, o equipo ideal do fútbol español formado por xogadoras sub-21, no ano 2017, tamén acudiu a diversas sesións de adestramento das seleccións nacionais sub-16, sub-17 e sub-19, aínda que non chegou a disputar partidos oficiais con ningunha delas.