RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nova actividade WE Dépor co Genuine e A Nosa Canteira

Esta tarde, integrantes do Dépor Genuine e de diferentes equipos da Nosa Canteira gozaron dunha actividade especial e diferente da man de WE Sustainability, plataforma coruñesa de activismo ambiental cuxa finalidade é a de reducir o impacto ambiental do ser humano nas nosas costas, mares e praias, expandindo a cultura de concienciación ambiental a toda a sociedade.

No taller do proxecto, situado na avenida Pedro Barrié da Maza, xunto á tenda de Vazva, participaron na creación de adornos do Nadal xerados a partir de materiais reciclados ou recoller en praias da Coruña. Posteriormente, visionaron un vídeo do proxecto de concienciación de coidado do medio ambiente, concretamente vinculado ao mar, antes de pechar a xornada gozando cun chocolate con churros.

Durante a tarde recibiron a visita de Miku, Trilli e Noel, ademáis do conselleiro Eduardo Blanco e o secretario do consello, Miguel Juane, que se interesaron polo traballo de WE Sustainability e polas obras que os seus compañeiros estaban a preparar no taller, botándolles unha man.

Xa o pasado mes de maio tivera lugar a primeira das actividades WE Dépor coa limpeza da praia de Caión coa participación de representantes do Dépor Genuine e do Club.