Nova semana de traballo para o Dépor ABANCA xa co arranque ligueiro no horizonte
O Deportivo ABANCA inicia esta tarde unha nova semana de pretemporada; iso si, co inicio ligueiro xa no horizonte, concretamente o 3 ou 4 de outubro segundo aprobou onte a Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol.
Despois dun par de días de descanso após o amigable do pasado sábado en Bembibre ante o CD Parquesol, o conxunto branquiazul regresa á Cidade Deportiva para continuar a súa posta a punto.
Manu Sánchez dispuxo cinco sesións de traballo, todas elas en Abegondo.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte: