Nova sesión mañá domingo na Cidade Deportiva para o primeiro equipo
Concluído o encontro en ABANCA-RIAZOR ante a SD Ponferradina, o Deportivo realizará mañá domingo 28 de xuño unha nova sesión de adestramento, a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.
Haberá recuperación para os que esta tarde actuaron de inicio ante o conxunto berciano; e traballo intenso para o resto do cadro deportivista.
A próxima cita en LaLiga SmartBank será este martes 30 de xuño no Heliodoro Rodríguez López (19:30 hora peninsular, Gol) ante o CD Tenerife; en choque correspondente á 37ª xornada.