RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Novo adestramento de recuperación mental e física para o Dépor

O Dépor continúa coa súa semana de recuperación a todos os niveis: mental e físico.

Esta mañá, 3 futbolistas dos que levan máis minutos nas pernas realizaron no ximnasio un traballo específico: Edu Expósito, Pablo Marí e Quique González.

O resto do cadro, ademais dos porteiros fabrilistas Álex Cobo e Pedro López, continuaron o traballo nesta semana de recuperación tamén mental.

Dous terzos do adestramento, sobre 45 minutos, estiveron dedicados a quecemento, rondos e xogos técnicos de habilidade, cos futbolistas divididos en 4 equipos.

Un torneo de partidos en espazo reducido, de alta intensidade; e un último xogo de lanzamentos de córneres directos puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Están á marxe do grupo Krohn-Dehli, Nahuel e Carlos Fernández, este ás ordes do readaptador, Fran Molano.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo ás 11:00 horas en Abegondo. Será a última sesión desta semana sen competición oficial debido ao partido que non se xogará en Reus.