RCD / NOVAS

Novo premio para Dani Giménez, esta vez a cargo da pena deportivista Don Bosco Pepe Guillín

28/01/2020 13:54

A pena deportivista Don Bosco Pepe Guillín distingue esta tarde o meta Dani Giménez pola súa traxectoria profesional. O acto será ás 20:00 horas no Colexio Salesianos da Coruña, entrada por rúa Don Bosco nº 15.

Pepe Guillín, ex Conselleiro do Club, leva toda a súa vida vinculada ao deporte coruñés, co Español, o Fabril, o Deportivo e o Hockey Club Liceo, entre outros.

Cada ano, a agrupación deportivista que leva o seu nome e que el mesmo preside, premia a traxectoria profesional dun xogador do Real Club Deportivo. Este ano, o galardón recaeu no porteiro galego, que foi un dos mellores xogadores a temporada 2018-19, tal e como foi recoñecido por afeccionados (Xogador Estrella Galicia), medios de comunicación (DxT Campeón, Radio Marca, Riazor.org...), a Federación de Peñas ou diferentes agrupacións branquiazuis, por exemplo a Peña Rebumbio.

Esta campaña leva camiño de repetir actuacións pasadas, por exemplo a deste domingo no Estadio Carlos Belmonte de Albacete, no que foi, xunto a Dani Barrio do CD Numancia, o meta de LaLiga SmartBank con maior número de paradas na xornada.

Máis novas de: DANI GIMÉNEZ