RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nuria Rábano colle na Selección Española Sub-19 o testemuño de Tere Abelleira, subcampioa de Europa coa Sub-17

Nuria Rábano colle a testemuña de Tere Abelleira, recentemente subcampioa de Europa Sub-17. Así, Nuria acaba de ser citada pola Selección Española Sub-19 para unha concentración e para o Minitorneo Elite correspondente ao Campionato de Europa da categoría, que terá lugar en Hungría do 25 de maio ao 1 de xuño.

A atacante do Deportivo Abanca incorporarase á concentración de España o luns 22 de maio na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O xoves 25, a Selección viaxará a Budapest, onde montará o seu cuartel xeral para o Minitorneo Elite, con este calendario de partidos:

Venres 26 de maio
16:00: ESPAÑA - RUSIA, no Dabas Varosi Stadium (Dabas)

Domingo 28 de maio
16:00: ESPAÑA - HUNGRÍA, no Hidegkuti Nandor (Budapest)

Mércores 31 de maio
16:00: BÉLXICA - ESPAÑA, no Dabas Varosi Stadium (Dabas)