RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A accede con claridade á segunda rolda do Campionato Galego

O Alevín A volveu a derrotar ao Imperátor (11-0) nun partido de volta da primeira rolda do Campionato Galego de mero trámite, posto que o vencedor da eliminatoria quedou sentenciado na ida.

Os tantos deste encontro, de clara cor branquiazul, foron obra de: Marco Baña -2-, Javi -2-, Sierra -3-, Mella, Diego, Meki e Domínguez.

Alevín A: Jorge, Diego, Marco Baña, Meki, Carlos, Dani Fernández, Mella e Javi. Tamén xogaron: Marcos, Domínguez, Sierra, Manu e Noah.

No encontro de ida, celebrado o pasado sábado, houbo claro triunfo deportivista (0-13), con tantos de Marco Baña, Yago -3-, Mella -2-, Zerfu -2-, Carlos -2-, Noah -2- e Javi.

Na segunda eliminatoria, o rival do Alevín A sairá do vencedor da eliminatoria Atlético Coruña Montañeros-Atlético Arteixo, con vantaxe provisional para o primeiro (2-0).