RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A compite este martes 12 en Baiona no X Torneo da Erizana CF

O Alevín A branquiazul participa esta semana Santa, concretamente o martes 12 de abril, na X edición do Torneo que organiza a Erizana CF de Baiona (Pontevedra) no campo de fútbol Val do Martín.

O conxunto branquiazul terá estes rivais na Primeira Fase: UD Ribeira, AD Vila do Corpus e Racing de Ferrol.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

10:25: ALEVÍN A - RACING DE FERROL

11:15: AD VILA DO CORPUS - ALEVÍN A

12:30: UD RIBEIRA - ALEVÍN A

Os dous primeiros clasificados e o tres mellores terceiros do seis grupos accederán a oitavos de final, que se xogan a partir das 14:00 horas.

Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín, este luns en Lugo

Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín abren este luns 11 de abril unha Semana Santa infestada de competicións amigables para practicamente todos os equipos de #ANOSACANTEIRA.

Será con motivo do Torneo de Semana Santa que organiza o ADC Sagrado Corazón nos campos José María Rodríguez Lago (As Gándaras, Lugo).

O Fabril FC Alevín quedou emparellado no grupo B da Primeira Fase co CD As Pontes, UD Ourense e ACD Piringalla.

O calendario fabrilista é o seguinte:

11:00: FABRIL FC ALEVÍN - CD AS PONTES
13:00: UD OURENSE - FABRIL FC ALEVÍN
15:30: FABRIL FC ALEVÍN - ACD PIRINGALLA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrincarán ás 17:15.

Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín terá a estes rivais no grupo B da Primeira Fase: SDCyR Naron O Freixo, ADC Sagrado Corazón e ED Xuventude de Oroso.

O calendario do equipo branquiazul é o seguinte:

11:00: FABRIL FC BENXAMÍN - SDCyR NARÓN O FREIXO
13:00: ADC SAGRADO CORAZÓN - FABRIL FC BENXAMÍN
15:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED XUVENTUDE DE OROSO

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, a partir das 17:15.