RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Alevín A conclúe mañá sábado a Primeira Fase da Arousa Fútbol 7

- Foto: @FCBMasia -   O Alevín A participa desde hoxe venres a Arousa Fútbol 7, un espectacular torneo de base en Vilagarcía de Arousa, no campo da Lomba. Mañana sábado, contra o CD Cuatrovientos, finaliza a Primeir

Varios partidos da canteira deportivista adiantáronse ao fin de semana. Así, o Cadete A, xa subcampéon liga, gañou o pasado mércores en Abegondo á Vitoria (3-0). Onte xoves, a quenda foi para o Cadete B, campión da liga Galega desde o pasado sábado. Derrotou ao Viveiro tamén por 3-0.
 
O prato forte na canteira será o domingo. A Fabril busca en Abegondo (18.00, horario unificado en toda a xornada) ante o Verín certificar a súa clasificación para o play off de ascenso a Segunda División B.
 
Os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros.
 
O outro partido destacado é o da liga Galega infantil. O Dépor A tentará en Abegondo derrotar ao CD Lugo (agora mesmo segundo) e recuperar esa segunda posición. O encontro xogarase o domingo ás 11.00 horas.
 
Do mesmo xeito que o partido do Xuvenil B (mañá sábado á 12.30 fronte ao Ural), para este partido os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.
 
Dous dos equipos coa competición finalizada tiveron amigable en Abegondo: Infantil B o pasado mércores (6-0 á Selección Galega Sub-12) e Benjamín B onte xoves (13-2 ao Racing de San Pedro).
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - VERÍN, o domingo 8 de maio ás 18.00 en Abegondo
Clasificación: 1. Boiro e Cerceda, 71 puntos; 3. Fabril, 61 puntos; 4. Choco, 60 puntos; 5. Racing Vilalbés, 57 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL B - URAL, o sábado 7 de maio ás 12.30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B (xa campión), 70 puntos; 2. Santiago de Compostela C e Areosa, 58 puntos...
 
Categoría Cadete
 
Xogado o pasado mércores: CADETE A 3 (Óscar Lorenzo, Vermello e Kilian) - VITORIA 0
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 91 puntos; 2. Cadete A (un partido máis), 77 puntos; 3. Bertamiráns, 61 puntos...
 
Xogado onte xoves: CADETE B 3 (Julián e Pichu -2-) - VIVEIRO 0
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B (xa campión, un partido máis), 85 puntos; 2. Ural, 69 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - LUGO, o domingo 8 de maio ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Xuventú de Oroso, 69 puntos; 2. Lugo (un partido máis), 68 puntos; 3. Infantil A, 66 puntos; 4. Santiago de Compostela, 60 puntos...
 
Amigable, xogado o pasado mércores: INFANTIL B 6 (Antón, Novoa, Padín -3- e Noel) - SELECCIÓN GALEGA SUB-12 0
 
Clasificación final da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 88 puntos; 2. San Tirso, 62 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Arousa Fútbol 7
 
Primeira Fase
Venres 6 de maio
HOUSTON DYNAMO 2 - ALEVÍN A 2 (Hugo e Iván)
ALEVÍN A 0 - FC BARCELONA 2
ALEVÍN A 0 - FC O Porto 1
 
Sábado 7 de maio
 
19.15: CD CUATROVIENTOS - ALEVÍN A
 
Os dous primeiros clasificados de grupo accederán aos cuartos de final. A partir de aí, o terceiro terá que pelexar polos postos do 9º ao 12º; os cuartos do 13º ao 16º; e os quintos clasificados de grupo, polos postos 17º ao 20º.
 
LUÍS CALVO D - ALEVÍN B, o sábado 7 de maio ás 11.30 nas Eiroas (Carballo)
 
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido menos), 42 puntos; 2. Vitoria D, 34 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
Amigable, xogado onte xoves: BENJAMÍN B 13 (Dani -2-, Alex -3-, Bruno -4-, Jairo, Eli e Dairon -2-) - RACING DE SAN PEDRO 2
 
Clasificación final da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Benjamín B, 70 puntos; 2. Imperátor C, 62 puntos...