RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A derrota en liga ao 'Orilla' antes de participar no Torneo Internacional Tucho de la Torre

O Alevín A derrotou ao Orillamar SD A (0-6) en partido adiantado á 6ª xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

O motivo de que se adiantase este encontro é a participación do Alevín A, xunto ao Benxamín A, a próxima fin de semana en Marín na VII edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre.

Mario González -3-, Sergio Infante, Íker Obeso e Nico Torres foron os autores dos goles branquiazuis ante o 'Orilla'.

Con este resultado, os branquiazuis lideran a clasificación do subgrupo con 18 puntos, con 3 puntos de vantaxe sobre o Atlético Coruña Montañeros CF, que aínda ten que xogar o seu partido correspondente a esta  xornada.

Alevín A: Alejandro Pais, Sergio Infante, Antón Vilariño, Mario González, Javi  Barral, David Ramos, Manu Alcázar e Yael López. Tamén xogaron: Thiago Montes, Íker Obeso, Leo Sánchez, Brais Taín, Nico Torres e Mateo Varela.

O Victoria CF será o seguinte rival en liga para o equipo que dirixe Alberto Suárez.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes até a data:

Alevín A 8 (Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - Imperátor OAR 0
Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 8 (Antón Vilariño -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso)
Alevín A 3 (Iker Obeso -2- e Manu Alcázar) - Ural Español CF 1
Atlético Castros 0 - Alevín A 8 (Iker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)
Alevín A 3 (Nico Torres, Thiago Montes e Mario González) - CD Calasanz 0
Orillamar SD A 0 - Alevín A 6 (Mario González -3-, Sergio Infante, Íker Obeso e Nico Torres)