RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Cadete A de División de Honra arrinca mañá a pretemporada

O Cadete A branquiazul que milita na División de Honra arrinca mañá luns 24 de agosto ás 17:00 a pretemporada.

De acordo ao protocolo Fisicovid-Dxtgalego realizado pola Federación Galega de Fútbol, as sesións serán individuais,  sen contacto físico entre xogadores e sen amigables.

Nacho Lourido, adestrador do equipo, ten como axudantes a Sergio Roca (preparador físico) e Ibán González (técnico de porteiros). Javier Núñez será o delegado.

Os futbolistas citados son os seguintes:

-Porteiros: Yago Moreira (procedente do EF Portero 2000), Jorge Sánchez e Marcos Moreno

-Defensas: Gabriel Ares, Miguel Segura, Rubén Vilela, Martiño Caneda, Daniel Fernández, Santiago Díaz e Noah Rodríguez

-Centrocampistas: Daniel Sierra, David Carreira, Yago Monteagudo, Carlos Rodríguez, Pedro Moraña, Marco Baña e Álex Montero

-Dianteiros: Álex Delgado, David Domínguez, Martín Montero, Kevin Sánchez e Álvaro Mardones

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA, á espera

En atención á situación sanitaria xeral actual provocada pola COVID-19, a área de Fútbol Formativo do Real Club Deportivo reaxustou o calendario de volta ao traballo dos diferentes equipos masculinos de #ANOSACANTEIRA.

Co Fabril, xuvenís e Cadete A xa en marcha, o resto de datas de volta á actividade, do Cadete B ao Benxamín B, quedan provisionalmente en suspenso e iranse confirmando a medida que se achegue o día e póidase asegurar que se está en total disposición de iniciar o traballo na Cidade Deportiva de Abegondo.

Este é o calendario actualizado de regreso de #anosacanteira:

- Fabril: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 ás 10:30 h.
- Xuvenil A: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 ás 10:45 h.
- Xuvenil B: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 as 11:00 h.
- Cadete A: probas médicas 17, 18 e 19 de agosto, primeiro adestramento o día 24 ás 17:00 h.
- Cadete B, Infantil A e B, Alevín A e B, Benxamín A e B: probas médicas e primeiro adestramento pendentes de confirmación.