RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Cadete B de Liga Galega arranca mañá martes a pretemporada en Abegondo

O Cadete B bota a rodar mañá martes 1 de setembro en Abegondo (17:00 horas), unha vez sometidos hoxe luns os xogadores e técnicos ás probas médicas de rigor.

De acordo ao protocolo Fisicovid-Dxtgalego realizado pola Federación Galega de Fútbol, as sesións serán individuais, sen contacto físico entre xogadores e sen amigables.

Daniel González será o técnico, que estará axudado por Javier Tejada.

Os futbolistas citados son os seguintes:

-Porteiros: Román Noya e Unai García

-Defensas: Hugo Torres, Lucas Taibo, Diego Ares (procedente do Victoria FC), Jorge Oreiro, Adrián González, Martín Pérez e Yeray Méndez

-Centrocampistas: Pablo Parada, Diego Miranda, Zoe Ceias, Manu Ferreiro (CD Lugo), Ayana Bello, Noe Carrillo, Juan Barros, Marcos Baluja (Victoria FC), Dani Estévez, Iraitz Casal (Ural CF), Alejandro López (CD Calasanz), Óscar Fernández, Samuel Vázquez e David Carballo

-Dianteiros: Luis Viñas (Bertamiráns FC), Mesfin Gómez, Jorge García, Jaime Calviño (CD Areosa), Adrián Guerrero, Pablo Memet, Héctor Beade, Antonio Souto (Betanzos CF), Bruno González (Sporting Cambre) e Javier Casanova (Betanzos CF)