RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Cadete branquiazul xa coñece aos seus rivais na División de Honra

O equipo Cadete do Dépor xa coñece ao resto de equipos que conformarán a División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o grupo os seguintes equipos ademais do cadro deportivista: RC Celta, CD Lugo, ED Val Miñor, San Tirso SD, Ural Español CF, CD Calasanz, Pontevedra CF, Victoria CF, CD Conxo Santiago, Pabellón Ourense CF, Arosa SC, Racing de Ferrol, Coruxo FC, AJ Lérez, ED Xuventude de Oroso, SD Compostela, Atlético Coruña Montañeros CF, Rápido de Bouzas, UD Santa Mariña, Galicia Caranza, Bertamiráns CF, Bergantiños CF e CD Areosa.

Nos próximos días, a Federación Galega dará a coñecer o formato de competición e o calendario.

O conxunto deportivista, dirixido por Darío Cotelo, arrincou o pasado martes 10 de agosto a pretemporada con estes xogadores:

- Porteiros: Anxo Regueiro e Aarón Basteiro (procedente do Bertamiráns CF)

- Defensas: Hugo Torres, Pablo Parada, Diego Miranda, Adrián González, Javier Fernández e Ayana Belo

- Centrocampistas: Manu Ferreiro, Zoe Ceias, Noe Carrillo, Marcos Baluja, David Carballo, Daniel Estévez e Samuel Vázquez

- Dianteiros: Luis Viñas, Iraitz Casal, Adrián Guerrero, Jorge García e Jaime Calviño

Ademais, Román Noya, Yago Moreira, Jorge Oreiro, Lucas Taibo, Juan Barros e Mesfín Gómez adéstranse xa co Xuvenil B que prepara Álex Antón.

Torneo en Mondariz o domingo 15 de agosto

A primeira cita de pretemporada será o Trofeo MS2 Cup no campo da Lagoa (Mondariz) este domingo 15 de agosto. O Cadete quedou encadrado na primeira fase co Rápido de Bouzas e o AJ Lérez. O primeiro de cada grupo accederá ás semifinais polo título mentres que o segundo disputará as semifinais da Fase de Consolación.

O calendario de competición é o seguinte:

Primeira Fase
12:00 h.: CADETE - AJ LÉREZ (campo de herba natural)
14:00 h.: CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS (campo de herba natural)