O Cadete conclúe 2022 no máis alto da División de Honra
O Cadete finalizou 2022 con triunfo en Abegondo ante o Arosa SC (5-1), en partido correspondente á 16ª xornada, última do ano, na División de Honra.
Telmo, Nico Ruiz, Lucas, Rubén e José Rey foron os goleadores branquiazuis fronte ao equipo arosano.
Con este resultado, o conxunto que dirixe Daniel González arrancará o ano 2023 no máis alto da categoría con 46 puntos.
Cadete: Yeray, Pablo García, Uxío, Samuel, Pablo Pereda, Telmo, José Rey, Lucas, Rubén, Nico Ruiz e Dani. Tamén xogaron: Xián, Carlos, Iván e Sergio.
O Bergantiños CF será o primeiro rival do Cadete o próximo ano, a fin de semana do 7 e 8 de xaneiro.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
Cadete 4 (Nico Ruiz -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0 AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico Ruiz, André e Iker Gil) Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1 Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén) Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1 CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo) Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1 CD Areosa 0 - Cadete 4 (Xian -2-, Lucas e André) Cadete 2 (Rubén e Brian) - Coruxo FC 0 CD Choco 0 - Cadete 9 (Xián, Nico Ruiz, Dani -3-, Iker Gil -2- e Brian -2-) Cadete 8 (Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3-) - ED Xuventude de Oroso 0 San Tirso SD Cadete 0 - Cadete 4 (Rubén -2-, Lucas e Nico Ruiz) Cadete 10 (Nico Ruiz, André -2-, Telmo, José Rey, Dani -2-, Lucas, Brian e Pablo Pereda) - Pontevedra CF 0 Racing de Ferrol 2 - Cadete 2 (Lucas e Rubén) Cadete 5 (Telmo, Nico Ruiz, Lucas, Rubén e José Rey) - Arosa SC 1